sábado, 20 de septiembre de 2008

Coruña

Teño familia en Coruña, e hoxe é un día importante para que poidan escribir aquí.


Meu pai morreu hai uns meses, e el sempre lle dou unha importancia a familia dende o meu punto de vista, demasiado importante para o que algunha xente lle respondeu.

Hoxe finou a Tía Carmen, unha muller que loitou moito na vida, nunca tivo parada, e que sempre mereceu o millor. Se o meu pai vivira hoxe, sei que estaría moi afectado, e lle doería no alma ter que compartir esta experiencia. Eu sei que tivo que tragar con cousas da súa familia, que sabedoras do afecto que él lle tiña a súa Tía Carmen, fixo o que poido para axudala a ela e a súa familia, e eu sei o decepcionado que rematou por ter dado a cara por unha xente que non o merecía.

Meu pai sempre lle dou unha importancia moi forte á familia.

Teño os ollos cheos de bágoas e non podo seguir pensando en isto.

No hay comentarios: