domingo, 26 de octubre de 2008
dormidero
Onte paseando polo praia de Testal levantáronse en voo dende un eucalipto mais de 200 corvos mariños grandes (cormorán grande).
Unha fermosa estampa.
Poucas setas polo monte e bastante domingueros, coma nós.
viernes, 24 de octubre de 2008
Lacrosse - You can't say no forever
Este jueves tocaron en Vigo.
No pude ir hasta allí, pero sí a Santiago al de dEUS, que no me defraudó.
Pero escuchando esta canción de este grupo sueco, me han metido las ganas.
Que tendrá este país...
domingo, 19 de octubre de 2008
sábado, 18 de octubre de 2008
Ide todos ao inferno
Onte fun ao teatro en Noia, a ver IDE TODOS AO INFERNO, unha obra da compañía Lope de Vigo.
En Xeral pareceume bastante aburrida e con pouca gracia, a pesares de que os actores eran bastante bos, especialmente a actriz.
Fíxome gracia a interpretación dun médico con acento curuñésneno, e fíxome lembrar os chistes do diario LA OPINIÓN, que a moitos coruñeses non lle gusta, porque critican cousas da cidade, do anterior alcalde e se rin deles mesmos.
Vaia unha mostra de varios chistes.
Mystery Jets - Half In Love With Elizabeth
Un grupo que non coñecía, e descubrín gracias a Iván
Grandioso o intre coa raiña Isabel saudando
Some things are too painful to say out loud
Well, they live behind a veil and see through a shroud
Words fly through his mouth
Like paper butterflies
Well they flutter around and put holes in your side
And he's half in love with Elizabeth
And he's half in love with you
I knew that you were thinking of him last night
'Cos I saw the blood seep down to your toes
Yes, hideaway if you must
But how can you put your trust
In a man who always sleeps in his clothes?
And he's half in love with Elizabeth
And he's half in love with you
And he's half in love with Elizabeth
And he's half in love with you
You're the sweet scent on an envelope
Or the photo in its book
But if you pin your hopes to his ???
I'm afraid the bubble will burst
I'm afraid that the bubble just might burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
The bubble will burst
And he's half in love with Elizabeth
And he's half in love with you
And he's half in love with Elizabeth
And he's half in love with you
domingo, 12 de octubre de 2008
Magret de Pato con grosellas
- 1 pechuga de pato sin tendón.
- 125 gr. de grosellas.
- 1/2 copita de vinagre de Módena.
- 1 cucharada de azúcar.
- 1/2 cubito de caldo concentrado.
- 1/2 cucharadarita de harina de maíz.
- Aceite, sal y pimienta.
Podemos hacer primero la carne y reservarla en papel de aluminio mientras que realizamos la salsa o primero hacer la salsa, yo me he decantado por la última opción.
Limpiamos bien el magret y practicamos unos cortes profundos en forma de rombo, en la grasa del magret, salpimentamos y reservamos.
Ponemos el azúcar en una sartén con unas gotitas de agua y dejamos que se caramelice, añadimos el vinagre y lo cocemos durante unos minutos.
Agregamos el cubito de caldo disuelto en 125 cl. de agua y las grosellas y dejamos cocer durante 10 minutos.
Mientras cuece hacemos la carne, ponemos el magret en una sartén sin nada de aceite, con la grasa hacia abajo. Lo freímos a fuego
medio durante 8 minutos, le damos la vuelta y lo freímos durante 2 minutos más y lo reservamos.
Como han pasado los diez minutos que tenía que cocer la salsa, la retiramos del fuego y la pasamos por el chino. Ponemos la salsa de nuevo en la sartén y añadimos la harina de maíz disuelta en un poco de agua fría y dejamos cocer unos minutos más hasta que espese.
Cortamos el magret en lonchas finas...
Y cubrimos con la salsa muy caliente, adornamos con alguna grosella... y listo para comer un plato perfecto para aquellos que les guste la carne poco hecha y la mezcla de dulce y salado.
sábado, 11 de octubre de 2008
FACTO DELAFÉ Y LAS FLORES AZULES - Vilaseca 05/05/07
Neste finde no que non podo deixar de escoitar esta maravilla
O 23 en Vigo
viernes, 10 de octubre de 2008
La luz de la mañana
adoro la luz de la mañana
Por cierto, la cantante es tan tan tan guapa que estoy seguro que rompe los espejos cuando pasa por delante de uno.
FACTO DELAFÉ Y LAS FLORES AZULES - La Fuerza
Onte disfrutei con este grupo en Santiago na Capitol. Os que poidades asistir a un concerto deste grupo non perdades esa oportunidade.
The Piano [Life is a song]
Esta es una de esas melodías que hacen que el piano sea mi instrumento musical favorito
miércoles, 8 de octubre de 2008
domingo, 5 de octubre de 2008
O sangue dos esquimós
Estaban preto do paralelo 72, moi ao norte. Non debía de andar xa lonxe o temido mar de xeos continuos, no que tantos morreran por non poder saír del unha vez engulidos os navíos e obrigados a pasar o duro inverno ártico sen posibilidade de fuxir ata a primavera seguinte, se con sorte o xeo non rompera e afundira o barco. Pasaran xa case tres meses dende que o baleeiro Maud saíra do porto de Dundee a finais de maio de 1910, e aquela estaba a ser a peor de todas as campañas, nefasta, sen contar a aventura duns cantos anos antes á Antártida na expedición que os armadores escoceses enviaran e resultara un fracaso rotundo.
A especie que andaban a buscar era a balea groenlandesa. Ano tras ano viñera descendendo o número de cetáceos cazados e observados e nesta apenas atoparan un par de grupos no que ía de expedición, polo que dificilmente se cubrirían os custos desta vez. O ben mais apreciado destes animais era o seu aceite e as súas barbas. Algúns dicían que se ía a recuperar o número, que era unha mala racha, pero outros, como o capitán escocés do barco, opinaban o contrario, e pensaba que en menos de cinco anos, de seguir o mesmo número de barcos que saían cada tempada soamente dos portos escoceses, xa non habería mais baleas que cazar. Daquela el non sabía que esa sería a súa derradeira campaña.
O capitán era dunha familia aristocrática de Dundee vida a menos, e levaba xa mais de vinte anos adicado a caza de Baleas polos mares do norte. Bruce McCormick, que así se chamaba, tamén estudaba as aves e espécimes mariños, coma moluscos, crustáceos e peixes. Por eses costumes era considerado un pouco raro pola tripulación, pois pasaba horas cuns binoculares mirando cara ó ceo e o mar. Ademais, de cando en cando ordenaba durante longos silencios as súas mostras pechado no seu camarote e tomando notas e debuxos para a súa colección, deixando ben claro que só se lle podía molestar se se avistaban baleas ou se o barco se estaba afundindo. Apenas se relacionaba con catro o cinco integrantes do barco, e consideraba aos traballadores non británicos coma un mal menor e necesario para desenrolar as tarefas mais duras e perigosas, que moitas veces remataban dun xeito tráxico.
A falla de capturas fixo que ese ano chegaran mais ao norte que nunca esperando mellor sorte na caza, xusto antes do cambio de tempo e do temido inverno do polo, sendo xa común ollar algún oso polar en icebergs, preto da costa, na búsquea de focas.
O pouco traballo e as adegas baleiras de graxa significaban menos cartos ao final da campaña para os mariñeiros. E iso transformárase en nerviosismo, que aparecía en forma de liortas e alcohol. Aquel día, cunha espesa néboa que non os abandonara en todo o día e que imposibilitaba a caza, os homes pasaran boa parte da xornada bebendo whisky escocés, co barco ancorado moi preto da costa, que se vía solitaria e triste, unha terra sen alma. Por iso, aparte duns misioneiros daneses, nesa parte do mundo afastada da man de deus, só vivían os esquimós, os que algúns consideraban mais bestas que homes.
Ademais da tripulación británica, había uns cantos mariñeiros portugueses, de Madeira e das Azores, os que tiñan mellor fama nos baleeiros, e un galego chamado Benito que era dun pobo da costa do que presumía que fora onde o Arca de Noé quedara varado despois do diluvio universal, e retaba ao que lle levara a contraria, nesa ou en calquera outra cuestión. Era rifante e bravú, sobre todo cando bebía, e o contramestre xa lle quitara a súa navalla ao principio da viaxe, polo medo a que a usara contra algún compañeiro. “Ten moito nervio”, opinaban algúns. Outros dicían que estaba tolo, que estaba embarcado por culpa dunha muller que o deixara por outro e toleara, pero a pesar de iso todos lle rían as gracias e ninguén procuraba levarlle a contraria polo medo as súas reaccións. Era un home forte e con cicatrices nos brazos e mans, e unha grande na cara que dicía que fora dunha loita cunha balea cando era novo. Outros dicían que llo fixera unha puta no porto de Montrose por querer ter os seus favores sen pagalos.
O galego case sempre estaba cos portugueses, xa que de inglés pouco mais sabía que uns cantos insultos, e en vez do whisky bebían o que os portugueses chamaban ron, que era un licor de 60º ou mais, feito a base de caña de azucre nas súas illas, e que si bebido en pequenas doses tiña a propiedade de quentar o corpo aos traballadores da mar, en cantidades grandes facía perder o senso, e mais de un rematara totalmente tolo polo seu abuso.
Nesas levaban xa unhas horas, e o ton das súas voces fora subindo conforme o alcohol se apoderara dos seus corpos, cando entre a néboa apareceu un esquimó no seu kaiak. Era un cazador de focas.
O grupo achegouse a ollar cara o nativo.
- ¿Ti crees que son persoas ou animais? Eu penso que son mais animais que persoas – dixo o galego coa súa voz grave e ronca, molesta e empapada en alcohol.
- Disque teñen o sangue de cor branca manchada, coma o nácar, coma a graxa das focas que comen – comentou un dos portugueses.
- A comen crúa. ¿Nunca o viches facer?. As matan e no intre sácanlle a pel e empezan a quitarlle a graxa, e a comen crúa. Que cara de felicidade poñen. Da un noxo velo – dixo outro.
- ¡ Ei ti, esquimó !. ¡Ves de comer graxa de foca! – berrou o galego.
Tiroulle un anaco de oso de balea que estaba na cuberta do barco e co que estivera xogando antes. - ¡ Non respondes ¡. ¿Non entendes o cristián?
O nativo seguiu a remar como se a cousa non fora con el. Nun vaivén continuo, nun ritmo semellante a unha danza coas olas, nas que o kaiak deixábase balancear e ao mesmo tempo marcaba as pausas entre as ondas que golpeaban a barca.
- Voulle tirar un anzol, cun anaco de graxa, a ver se é verdade que o come, e se o morde podemos ver de que cor é o sangue.
Meteu unha porción de porco rancio nun anzol atado a un fío e tiroullo un par de veces. A primeira quedoulle moi corto. No segundo intento dou o lado da embarcación, e entón o esquimó reaccionou con furia, empezando a gritar e levantando o puño e a pala cara ao barco. Deixou ver a súa face, de cor escura, engurrada polo clima e na que apenas se podían ver uns ollos pequenos, case tapados pola pel da súa capucha, e uns dentes escuros.
- Carallo, seica está vivo- dixo o mariñeiro, ao tempo que lle lanzaba por terceira vez o anzol co anaco de graxa, e esta vez deulle no corpo.
O esquimó reaccionou rapidamente, collendo algo do seu kaiak e cunha puntería froito da experiencia no arte da caza atinoulle na cara ao mariñeiro, cunha figuriña de marfil tallada en forma de oso.
O golpe fíxolle unha aparatosa ferida ao galego, que o ver o sangue correr na súa meixela, caendo sobre o seu ollo esquerdo, espetou.
- ¡Cabrón, agora si que vou saber se o teu sangue é vermella!
Dirixiuse cara ao arpón, apuntou ao kaiak e sen tempo para que ninguén dos seus compañeiros reaccionaran disparoulle atinándolle de cheo e partindo a súa columna en dous, de forma que o seu corpo explotou en pedazos, quedando o tronco inferior dentro da embarcación e o resto esparrado pola auga e pouco a pouco separándose do lugar de impacto.
Pronto o mar adquiriu un ton encarnado intenso e un pequeno iceberg quedou rapidamente salpicado da cor da morte polas pequenas olas que chocaban contra el.
- ¡Vermella, fillo de puta. Coma todos! – berrou o galego.
Co estoupido do canón a tripulación espertou do seu letargo, e todos quedaron como pedras, sen saber que dicir nin que facer ó ver o cadáver do esquimó e a Benito a carón da arma asasina. O capitán saíu do seu camarote para ver o que pasara.
- Where are the whales?- preguntou excitado, pensando que o disparo fora contra un cetáceo que pasara despistado preto do barco. Cando lle contaron o que pasara e veu o corpo no auga do esquimó, explotou en cólera, e soltando todos os improperios inintelixibles que a súa gorxa podía dar, deulle unha labazada tan forte ó mariñeiro que o tirou ó chan, e lle fixo sangrar polo labio, un sangue vermello e espeso coma o do esquimó, que se mesturou co que xa tiña seco da ferida anterior.
O capitán continuou a gritarlle e xa no chan doulle patadas e golpeouno cunha corda, e polo xeito tan agresivo no que o fixo, boa parte da tripulación temeu pola vida do Benito. Ninguén do barco o vira nunca tan encolerizado, e non rematou ata que o contramestre se achegou a el, o agarrou e lle dixo unhas verbas en voz baixa que tiveron un efecto tranquilizador.
Deu a volta logo de darlle unhas indicacións o seu axudante, e mentres gruñía volveuse meter no seu camarote, desde o que se escoitou o ruído dun cristal roto por un golpe.
O Contramestre díxolle a un madeirense que falaba inglés e co que se comunicaban co grupo ibérico que Benito tiña que coller unha barca, recoller os restos do esquimó, e queimalo na costa. Iso o facían porque se o enterraban os osos e raposos percibirían o cheiro do cadáver, e rematarían por desenterrar o corpo e devoralo, posto que a capa de terra era moi pobre e apenas se podía facer unha fosa de poucos centímetros de profundidade e amontoar rocas enriba dela. Tamén lle mandou gardar as súas roupas e pertenzas para entregalas na misión danesa cercana coa que soían comerciar, por se eles podían dar cos familiares do falecido.
O galego baixou a unha barca e a tripulación puido observar coma anaco a anaco ía recollendo os pedazos de carne do esquimó espallados pola auga, ao tempo que tiña que apartar a un número cada vez maior de gaivotas que pouco a pouco apareceran para darse un festín. Unha vez completada a tarefa, achegouse a terra onde verteu unha garrafa de aceite sobre os restos e lles prendeu lume. Un nauseabundo cheiro a morte impregnou o aire e expandiuse doadamente gracias a espesa néboa e o vento do Sur, que se mesturou co fume do carbón do barco, facéndose case irrespirable e aportando a escena unha dose maior de noxo se iso era posible para uns homes acostumados a ver e respirar de todo.
Mentres a carne e as roupas ardían, cunha pala empezou a rañar mais que cavar a terra para meter os seus restos. Era un traballo duro e con pouca recompensa, que requiría un grande esforzo. Fixo unha pausa e botou a man ó peto, onde tiña a figuriña que o nativo lle lanzara. – Pois si que saben traballar ben estes cabróns- pensou.
Non sentiu ó oso ata que estivo xusto detrás del, despois de case unha hora de traballo. Atraído polo cheiro e oculto pola néboa, en silencio achegouse polas costas a Benito, quen quedou inmóbil nun principio o ver a un animal tan grande ó seu carón, e rapidamente tentou correr cara a balsa. A besta, ó ver o home fuxir, correu tras el e con forza botouse enriba, escoitándose nese intre un forte berro, que sobresaltou o silencio imperante.
Os homes do barco, que deixaran de prestarlle atención o singular enterro afastados polo noxo e o cheiro, observaron coma na costa unha grande masa de pel branca se convertía en vermella mentres os gritos do galego ían sendo cada vez máis débiles. O enorme plantígrado fundía a súa testa no corpo do improvisado enterrador, a quen pronto se lle foi esvaecendo o alento nas fauces do carnívoro dos xeos.
Varios disparos de rifle feriron ao animal e fixeron que se afastara da súa presa. Unha barca con capitán Bruce ao fronte baixou a terra para rematar ó devorahomes e comprobar que o mariñeiro estaba morto e o seu corpo esnaquizado polo feroz ataque.
Seguindo case un procedemento establecido, e sen deixar pausa algunha para que ninguén aportara humanidade a esa escena case cotián no xeito no que se desenrolou, decidiron continuar co galego o mesmo ritual que este fixera co esquimó, queimando os seus restos e recollendo unha cadea de prata cunha cruz coma única pertenza de valor que levaba enriba nese intre ademais da roupa. Mentres estaban a facer o traballo, o escocés viu algo na man do finado e agachouse para collelo e metelo no seu peto, sen dicir nada ós demais.
Logo enterraron xuntos e baixo a densa néboa os restos do mariñeiro e do esquimó na mesma fosa que o primeiro cavara, e despois de que o capitán dixera unhas verbas sen sentimento diante da tumba, marcharon cara o barco, deixando na praia onde o oso matara o infeliz un grande charco de sangue vermella, como o sangue dos esquimós. No barco ninguén dixo nada sobre o asunto nin ese intre, nin o resto da campaña.
Rematada a viaxe, e xa en Dundee, o capitán Bruce McCormick escribiu unha carta a familia do mariñeiro galego Benito Obelleiro, onde cunhas verbas de duelo contándolles que o finado morrera nun accidente traballando no barco, mandaba a paga que lle correspondería e un suplemento polo falecemento, ademais dunha cruz de prata e unha figuriña tallada en marfil dun dente de narval con forma de oso branco.