jueves, 23 de abril de 2009

Nova Asociación Cultural Noiesa


Dende hai un tempo, un grupo de noieses e noiesas vimos desenrolando a idea de crear unha asociación cultural.social.recreativa.deportiva multidisciplinar, co obxectivo de ampliar a oferta de actividades que se poidan desenrolar na nosa vila e alrededores.

Pensamos que xa estaba ben de queixarse sobre o pouco que se pode facer, que si non hai ningún ambiente, que si tal o si cual.

Pois non. Pensamos que o futuro e o presente de cada un o decide un mesmo e non o entorno, así que si queremos ter unha oferta actrativa, ou polo menos existente, e unha laboura nosa fomentala.

Este domingo foi a primeira reunión, e como non podía ser menos, alrededor dunha mesa con boa comida e viño, que é como se crean as grandes ideas.

Son varias as ideas que temos en mente, e ningún os medios económicos, así que haberá que desenrolar o noso inxenio para levalas a cabo.

Degustacións gastronómicas, charlas culturais, proxeccións, saídas ao campo, cursos,...
Son moitas as ideas e haberá que levalas a cabo pouco a pouco.

Seguiremos informando

1 comentario:

Toñi dijo...

Cuenta conmigo!!!!