miércoles, 11 de junio de 2008
Nubes
Eu de péqueno quería ser meteorólogo ou historiador.
Sempre che fun moito das nubes e dos mapas de isobaras.
Supoño que deixei de falar de nubes cando os amigos non lle interesaba nada as miñas conversas sobre elas, como se formaban e o tempo que íñamos ter os próximos días.
Iso penso que é porque os nenos parécense os peixes no senso de que só viven o presente.
Onte e antonte disfrutei moito en Ourense polas tardes coas nubes de tormentas que se formaron, e que me recordaron os veráns calursos, e especialmente a unha tormenta na que estiven en Suiza hai tres anos, e na que nunca pasara tanto medo na miña vida e nin a vira en perigo con tanta facilidade.
Nembargantes, as dez, o ceo deixounos o espetáculo do sol chocando cos cúmulonimbos, aportando unha tranquilidade e calma da que disfrutei durante uns minutos sentado no chán.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario