lunes, 16 de febrero de 2009
No os junteis con esos
Esa debería ser a letra do himno de Galicia. Vivimos nun país, onde o único xeito de xuntar a xente e facer algo en contra de algo ou alguén.
Estos días o estamos a ver na campaña electoral.
Alguén escoitou algunha proposta concreta sobre a crise, o medio ambiente, a pesca,...
Agora iso parece non importar. O único argumento é FIXADEVOS QUE MALOS SON ESOS.
Eu estou canso de me traten coma a un idiota. Lemas simplistas, datos sesgados, comentarios sobre os demais repetindo mentiras que se converten en verdades e lemas da campaña,...
Eu non vou votar nestes eleccións. Dame igual a quen lle beneficie ou perxudique.
Non me identifico con ningún partido, nin lle teño un odio a ningún que me obrigue a votar para algún non chegue ao poder.
En Galicia, ese debe ser o motor do voto, porque lembro nas anteriores eleccións xerais onde se deron cifras, datos concretos e accións, que o tempo diría se se cumprían ou non.
Nestas eleccións diso non se fala.
Só se fala, si iso vai en contra de algo. "Se gañamos, a ponte vaise facer"
Pero porque os outros non a queren facer. Senon, non sería tema de campaña.
O outro día en Santiago, houbo un manifestación en contra do galego, e unha manifestación en contra dos que estaban en contra do galego.
É o que nos une, ir en contra de algo.
Iso e ser millores que os do lado. Que si ti tes aeroporto, eu outro. Que si esta aldea leva a orquesta París, eu a Panorama. Que si ti tes Universidade eu tamén.
MERDA DE PAÍS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario