viernes, 27 de febrero de 2009

Xornada de reflexión


Chega a famosa xornada de reflexión, na que algúns decidirán o seu voto, e otros nin pensaremos en elo.

A maioría o fará para evitar que alguén que lle caiga mal chegue ou continue no poder. É o que nos move aos galegos, fastidiar ao veciño.

Non sei se sabedes o chiste do galego que atopa unha lámpara maravillosa, e cando a frota e sair o xenio, este lle di: "Pídeme o desexo que queiras e te será concedido, pero do que a ti te dé, ao teu veciño dareille o doble"
E o galego, despois de moito pensar e enfadarse porque o seu veciño poida ter algo millor que él, lle pide ao xenio que lle corte o brazo esquerdo. Eu me fastidio, pero o outro mais.

Se pensades un pouco seguro que atopades na vosa vida algún exemplo desto que digo.

Pois como dicía hai este tipo de votantes, e tamén dos que son dun partido político.
Eu son do BNG, eu son do PP, eu son socialista,... e o din enchendo a boca, cheos de razón e pensando que o seu partido político é o bo, o que vale, e os outros son os malos. Compórtanse como os forofos do fútbol."O Madrid é o millor equipo do mundo".
E ahí queda iso.
Eu entre estes dous tipos non sei a cal prefiro.
Os primeiros son pobres persoas, e dito isto, todos, e eu o primeiro, temos votado algunha vez en contra de alguén como principal motivación. Iso non é bo, pero é así. Ahí a nosa pobreza espiritual.

Pero aos segundos, entre os que teño grandes amigos de tódolos partidos, non os comprendo. Algúns destes amigos son persoas intelixentes, capaces,... pero cando chega a hora da política son incapaces de criticar aos seus, e se sinten nun forte sitiado por comanches aullando aos que hai que destruir porque sen eles o mundo sería millor.
Tentei moitas veces explicarlles hai bos e malos en todas partes, pero non hai forma.

Que alguén mo explique, plis.

E se alguén aínda non sabe a quen votar, recoméndolle que vexa a maravillosa película de Frank Capra, MR SMITH GOES TO WASHINGTON, en España chamada CABALLERO SIN ESPADA.
É desa clase de películas nas que un ao rematar de velas se sinte millor persoa.
Unha crítica ao mundo político corrupto. Non envellece nada. Millora cos anos.

Eu non vou a votar, e a vou a ver igual.

PD: Que clase política temos.
Señor Moragas, non sei se é peor a súa expresión de gallegos profundos ou a explicación que da. Cando un lee cousas así se queda de pedra. E estou canso de escoitar entrevistas aos políticos onde estes consideran parvo ao que está escoitando. Un exemplo.

http://blogs.periodistadigital.com/jorgemoragas.php

No hay comentarios: