Xa se pechou o círculo.
Agora xa podo expresar porque te quisen odiar.
Non entendía a tua frialdade hacia min, a tua hostilidade ca miña presencia.
Non entendía porque me tratabas coma un extraño, e eras encantadora con todos os demais
A falta de sinceridade e transparencia. O vicio das mentiras ou medias verdades.
Sentía coma se tiveras catro ou mais irmás xemelgas, e cada día non sabía con cal delas me ía atopar.
Eu namoreime dunha nena pequena que muxía e maullaba, falta de cariño e con moita necesidade de recibilo. Ela pedía cariño e eu fun feliz dándollo. Foron moi bos momentos. Lembro os intres nos que te collía a man e ti a levabas con dulzura e acariciabas con ela o teu rostro, mentras pechabas os ollos ou me mirabas. Non podo esquecer os teus abrazos, nos que pousabas a túa cabeziña no meu peito e me facías sentir importante. As noites nas que durmiamos xuntos e eu te abrazaba e ti me collías a man e a levabas ao teu peito.
Iso sempre quedará ahí, aínda que as túas irmás trataron de chamarlle doutra forma. Especialmente a sermoneadora, aquela que cando fala contigo pensa que está nun auditorio. Ela é a máis cruel, a que non lle importa empregar todas as verbas falsas ou tintadas con tal de facer dano no rival de turno.
O mes empezaron a aparecer as túas irmás. As veces momentáneamente e outras se quedaban con nós, e ti empezaches a aparecer menos. Pero cando o facías, ficábamos felices, aínda que eu non sabía, que en silencio, as túas irmás estábanme a examinar, nos meus xestos, en todos os entornos e compañías. Pero e só me preocupei de desfrutar da túa compaña. E abofé que o fixen, aínda que moito menos do que me tivera gustado.
Eu fun moi feliz, e sentínme moi querido por ti.
Por iso non entendín que sen motivo, de súpeto, deixaras de verme, sempre me colleran o teléfono as túas irmás ou ti buscaras excusas, sempre escoitándoas por detrás, e cando nos atopábamos por casualidade a irmá rencorosa e chea de odio aparecía e clavaba esos ollos duros penetrando na carne, culpando a miña presencia.
Lembro un intre con especial cariño, mirando as estrelas preto de Esteiro, e ti explicándome a súa disposición. Esa noite me cantaches en francés e me cantaches en portugués e descubrín o fermosa que soaba a túa voz na noite estrelada e o dulce que soaba a palabra amor cando os teus beizos mo dicían con sinceridade. Fun feliz, e presumo que ti tamén o eras conmigo, aínda que só foran nos intres en que ti aparecías. O presumo e o sei, aínda que ti pretendeses que fora outra cousa, e mesmo te burlaras de min por expresalo en voz alta.
Esa noite tardaches en aparecer. Unha das túas irmás, eu sempre as confundín, empezara a noite conmigo, e ti non apareces ata probar o lubrigante do amor. Logo me pediches perdón por ser como eras as veces e me bicaches.
Volvín a atoparte un par de veces mais, apenas uns pequenos flashes.
Pero xa non había nada. As túas irmás te sustituían os pequenos intres que apareceron, e nunca máis volviste a verme. E elas estaban esperando que iso morrera.
Eu tratei de atoparte e quedei contigo. Pero a que apareceu e me deixou falar sen escoitarme estaba afiando o coitelo por debaixo da mesa e o rematar eu de falar clavoumo sen piedade, sen explicacións, todo o profundo que pudo, secamente, con intención de facer todo o dano posible.
E a ferida foi fonda. É duro pensar que es amado por unha persoa e que ela sen explicacións se desprenda de ti coma se foras unha peza do armario apolillada que estivo ben no seu momento pero que agora molestas no novo entorno que ela pretende crear.
O primeiro tratei de entendelo. Podes imaxinar polo que pasei. Polos centos de veces que lle din voltas na cabeza as nosas conversas, tratando de atopar unha explicación.
Tentei entender o teu problema, do que ti tanto falabas e no que te excusas as veces de xeito moi barato para explicar o teu mal comportamento.
Falei con amigos meus, teus. Porqué unha persoa é capaz de ser tan cruel con outra, cando ela xa sabe o que é sufrir.
Non era necesario todo o que pasamos. Eu non o merecía.
Nunca fumos amigos. Pasamos directamente a ser amantes. E o deixar de selo ti non fixeches nada por ser a miña amiga.
Por iso odieite. Porque non fixeras o amago de ser amigo meu, de preocuparte por min. Paxaches dunha relación obsesiva, colgada do teléfono conmigo para contarme cada pequena cousa que facías e muxir para min a non existir para ti.
As túas irmás gañaran.
Por iso tentei odiarte.
Pero non me sae. Non son capaz de odiar a alguen que quero.
E tenteino. Xúrocho. Fuches mala e malvada conmigo, e xúrote que tratei de sembrar a semilla no meu peito. Pero a terra non era apta. Non foi para arriba.
Sei que esto que digo vaite molestar. Non te importa falar de ti o de que pensas con brusca e áspera sinceridade. Disfrutas moitas veces delo, aínda que te fagas dano, sabendoo ou sen saber.
Pero detestas que os demais falen do que sinten ou pensan de ti. Especialmente os que te queren.
Agora apareces de novo.
Non é conmigo, pero é bo. Para nós seguramente é tarde. Eu o asumin hai un tempo, a pesar de que continuo a sentir algo moi forte por ti, e de que tentei borrarte da miña mente.
Non deixes esta vez que elas aparezan de novo. Non son boas compañeiras de viaxe.
E non dubides que estaran esperando a súa oportunidade.
sábado, 24 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
Publicar un comentario