Berta Dávila é unha rapaza de Santiago que escribe cousas con moito senso, e vai camiño de algo grande. Sen dúbida vai a ser unha referencia en breve.
http://bertadavila.wordpress.com/
23.
Non sei dos teus latexos nada máis,
só iso que está contido na palabra,
verbo que versifico ou terxiverso
como se o meu sentido e a túa razón
foran o canto secretísimo dos gozos
(ese que ninguén oe)
Entrelazaremos as nosas infinitas linguas
biblícos e lascivos,
ebrios de rastrear
esa comprensión magnética do inescrutable
e ti non me dis nada
nunca me dis nada
(os parcos de Babel non tendes présa)
O corpo anuncia acaso
o balanceo do que non nos sabe,
nin nos saberá, ni querería sabernos
(rezo porque nunca xamais nos saiba)
o envoltorio de todo o incognoscible
ten un sabor a sal e a mar aberto,
como a túa boca, acaso,
lingua que naufraga nos meus designios
(os barcos de papel sempre se afunden)
42.
Rescribirte desordéname a alma
e a mirada, e a palabra e os versos.
e a mirada, e a palabra e os versos
rescribirte desordéname a alma.
versos os e palabra a e, mirada a e
alma rescribirte a desordéname
mala bretersicir a e demasenodér
vosese os e aprabla a e, amidar e a
8.
.... Lucy is on the sky with diamons...
Beatles
(acróstico ou alucinación)
Queres calmarme ás veces con píldoras azuis,
con mudas inxeccións, verdades baixo a lingua...
e a min sedúceme matar as pantasmas
ainda que sexa só por espantarche os medos.
Salvámonos os dous,
co silencio calado que se sabe silencio
igual que o verso libre se sabe alexandrino.
Mírasme sen sentires nada de todo isto.
Debuxas para min toda unha flor,
media flor, sete cores diferentes suspendidas nun vaso.
Áurica ou escurísima sería eu un estame: abandonada, inerte.
Lívida de mirarte ser só ti, ti quen me observa triste:
sabes que eu son así e que non son eu
debaixo das folerpas que te acusan de todo, alucinada.
2.
Os cristais do espello crávanseme ata arrancarme os ollos,
son o nexo perfecto entre a retina e as bágoas.
viernes, 25 de julio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario