Sempre me gustaron moito as rapazas con peinados irregulares ou moi perfectos, de pelos lisos, con pinzas.
Hai unha rapaza do pobo que de un tempo a esta parte sempre me pareceu moi atractiva, co sorriso na boca, de negro e gris,... ata hoxe.
Xa o dicía nun post ahí atrás, a nosa idade follamos e logo nos enamoramos.
Iso é así, pq os amores platónicos xa non van con nós.
Hoxe escoiteina falar por primeira vez, e pareceume simple, sen fondo, un pouco tonta.
Foi unha pequena desilusión.
O bo que seguramente se a coñecese da outra forma, ela sería capaz de trocar a miña visión sobre ela.
Teño un amigo que di que sempre que unha muller na que anda detrás lle fai caso, perde o interés polo feito de que sexa tan tonta de que lle guste un ser tan estùpido coma el.
Supoño que é outro xeito de ver a mesma cousa.
martes, 29 de julio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario