jueves, 3 de julio de 2008
Bifé de atum
Hoxe apetecíame comer de novo esta maravilla descuberta na última viaxe.
Traio moi bos recordos e sensacións. As millores son voltar a desfrutar do tempo libre, lembrar o que é vivir para un mesmo durante uns días, en boa compaña, con moitas gañas de ser feliz.
Non entendo a xente que non quere ser feliz, ou que dulcifica o sufrimento, coma a Ofelia de Hamlet.
É bom non deleitarse coa dor, nen pensar que porque sexas feliz que algo o ten que estragar.
Sexamos felices todos, e fagamos que os nosos movimentos vaian nesa única dirección
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario