viernes, 25 de julio de 2008

Os periodistas


Unha reflexión sobre un comentario que fixen noutro blog, dicindo que a un Periodista non lle importaba transformar a realidade con tal de sacar un titular chamativo.

Obviamente esta é unha xeralización, que só se lle pode adicar os mal periodistas, dos que lamentablemente estamos cheos. Xa sexa nos periódicos, radio ou tv.
Todos os días atopamos ou escoitamos burradas de xente que pensa que por ter o canal para expresar as súas ideas, bota o que lle sae pola boca sen medo algún.

Pois non, xa está ben. Un pouco de rigor se un ten que opinar sobre o que sexa e supostamente é un profesional do tema.

Todos podemos opinar sobre se nos gusta un libro, un concerto, como xoga un equipo, ..., pero para analizar con mais profundidade un tema, hai que saber do tema.

No caso dos periodistas, eu son especialmente crítico polo poder e influencia que poden ter sobre unha maioría da poboación según como se enfoque un asunto.
E é unha mágoa, que ben por ignorancia, por intereses económicos ou políticos, se faga o que vemos por rutina.

Un exemplo do que se falou nun foro ambiental galego esta semana.
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/07/19/0003_6996288.htm

La Policía Local de A Illa abate una serpiente de más de un metro de largo en As Laxes

Los policías locales de A Illa tuvieron que medir ayer sus fuerzas con un adversario poco común: una serpiente de más de un metro que campaba a sus anchas por la zona de As Laxes. El animal, cubierto por una vistosa piel amarilla con lunares negros, fue descubierto por los vecinos en un montículo de maderas. Alarmados, los descubridores de semejante bicho dieron parte de inmediato a los agentes municipales, que no tardaron en llegar al lugar de los hechos.
Era casi la una y media de la tarde cuando empezó el operativo. Los policías locales decidieron, en primer lugar, dar parte al Seprona para que fuese el Servicio de Protección de la Naturaleza de la Guardia Civil quien se hiciese cargo del animal, de 1,25 metros de largo. Pero los agentes de verde no llegaron a presentarse, y a las dos menos cuarto no quedó más remedio que hacer frente a un operativo para el que pocos cuerpos de seguridad están preparados. Los policías isleños utilizaron todo su ingenio para capturar a su escurridizo enemigo. Finalmente, lograron apresarla utilizando un palo con un anzuelo: un artilugio similar al empleado en la captura del congrio, según relataban después los agentes municipales. Una vez sujeta, la serpiente fue abatida por los policías.
No es el primer reptil extraño que aparece este verano en la comarca de O Salnés. Hace un par de semanas, dos culebras de gran tamaño sorprendieron y amedrentaron a los vecinos de dos zonas de Vilagarcía. En esos casos, habían entrado en viviendas.



Este tipo de artigos abochornan a un.

Non é unha serpe, é unha culebra.
Non é venenosa.
No ano 2008 non é de recibo que dende un periódico case se anime a darlle unha medalla a uns señores, que por ignorancia, mataron a un bicho que pode intimidar pola súa natureza, pero que non lle pode facer dano a ninguén, seguramente cometendo un delito ambiental, nunha especie que pode estar protexida, polo simple feito de que sexa un animal que para unha maioría da poboación resulte noxento.
Expresións como "medir sus fuerzas" "adversario" "enemigo"... deixan clara a postura que debe adoptar o lector.

Por seguir cultivando esta incultura fai que a xente vaia ao monte e cando atopa un cogomelo venenoso o faga anacos.

Hai poucas semanas en Islandia a policía matou a dous osos polares, e estou seguro que este periodista, se tivera que escribir sobre ese tema, adoitaría outra posición.

Xa o dicían en "The man who shot Liberty Valance"
Cando a realidade se converte en lenda, imprime a lenda.

No hay comentarios: