martes, 29 de julio de 2008

Como che caia un pau na cabeza, que che vai facer o casco

Falando de periodistas, hoxe voltei a atopar no xornal outra nova desas que te meten o sangue no corpo, polo xeito no que se escriben, a ignorancia que demostra e neste caso, unha labor de contraeducación gravísima.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/07/28/0003_7017893.htm

...
Lo suyo no es solo cortar, además tienen que retirar las ramas que quedan para que el monte permanezca limpio. También bajan los troncos en tractor hasta una zona en la que puedan ser cargados en un camión. Hablan sobre su trabajo, sobre medidas de precaución y sobre cómo hace un par de semanas murió un hombre «porque lle caeu un pau».
Para cortar hay que conocer. «Non é fácil», dicen. El casco, los guantes y el pantalón de protección que llevan, tal y como establece la ley, ayudan, pero no evitan muertes. «Como che caia un pau na cabeza, que che vai facer este casco. Antes non había isto», comenta Vicente mostrando el casco de plástico que acaba de quitarse de la cabeza. La experiencia es, quizá, la mejor prevención. Este hombre aprendió el oficio de su padre, que también era talador. «A vida enteira levo facendo isto», explica.
En temas de prevención de riesgos laborales, Vicente reconoce que hay personas que muchas veces, sobre todo en los meses de verano, quitan alguna pieza del equipo, algo que no hay que hacer. «Claro, o casco no verán?, con este sol? é moita a calor que che entra. O pantalón de protección ten unha tela que tampouco é moi lixeira...», añade. Pero los tres coinciden que peor que el calor «é cando chove».
...


A alguén a día de hoxe se lle ocurre atopar nun xornal unha nova que diga "e que si te caes co carro dunha ponte de cen metros, que te fai o cinturón?", " e que si chocas de frente cun camión a 100 por hora, que te fai o cinturón?"
Penso que non.

A un, que é forestal e técnico de prevención, doelle atoparse semellantes burradas escritas nun papel, coa mensaxe " claro, claro, entón poñerse o casco non vale de nada".

Canta mediocridade neste mundo.

Lembro unha entrevista que me fixeran cando traballaba en incendios nun helicóptero, e o día seguinte a nova do xornal pouco tiña que ver co que eu quería contar.
Falara dos problemas do sector, dos traballadores, do monte, da falla de cultura forestal, da administración.

O titular fora "Somos los ojos de la gente en el aire"

Moi bonito, pero non é iso o que eu quería contar.

No hay comentarios: