domingo, 20 de julio de 2008

Fin de festa


Onte a xornada de concertos resultou bastante mellor que o venres.

Juliette, como se soe dicir, foi un animal sobre o escenario, e aínda que é un tipo de música que moitos dos asistentes non escoitarían na casa, en directo meteuse no peto os asistentes cos seus movementos e a clara intención de agradar ao público.
Sensualidade por todas partes esa muller.
Na súa indumentaria, na que leva un par de rodilleras, non deixa lugar a dúbidas sobre a súa predisposición ás posturas imposibles.

E The Gift volveron a deleitarnos co seu saber facer, a súa voz e as melodías bailables e pegadizas.

Onte si que gocei da velada nocturna.

O que non entendo é a mediocridade de moita xente, que polo simple feito de criticar algo que non te gusta, se adica a criticar o que a un lle gusta como xeito de defensa. Cada quen ten a súa opinión, e a miña non é mellor que outras.

Non sei se o ano que ven volverá a haber o festival. Pouca xente os dous días, non creo que chegaran a mil cada xornada, e a maioría de fora de Noia e arredores.
¿Falta cultura musical na comarca?¿Caras as entradas?¿Demasiado vistos os artistas?

Cada quen que opine

No hay comentarios: